O Poder do Arcabuz

O novo espectáculo de Quique Peón Cía & Xacarandaina que recrea a Revolución Irmandiña

O espectáculo

‘O Poder do Arcabuz’ é unha historia sobre as inxustizas e o poder. Neste espectáculo o autor utiliza o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

Trátase da descrición surealista dunha historia, baseada na Revolta Irmandiña, entendida como un musical no que se fusionan distintas artes escénicas. A obra ten dous protagonistas principais (a nobre e o capitán irmandiño), dous secundarios (xefes) e 30 bailaríns corais (irmandiños e hostes). Estamos diante dun un espectáculo de danza en gran formato, con case un cento de artistas no escenario:

  • 35 bailaríns (4 protagonistas e 30 bailaríns corais
  • 20 músicos (12 instrumentos de vento, 5 gaiteiros e 10 pandereteiras)
  • 40 persoas no coro.

O espectáculo está concibido nunha estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo unha tras doutra a modo de actos, nos que se fusionarán diferentes artes escénicas: danza e baile tradicional galego, danza conemporánea, música e teatro.

A danza

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais, empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento. A danza galega é unha das máis interesantes de todo o abano folclórico europeo e ten unhas posibilidades escénicas e de renovación infinitas.

En “O poder do arcabuz” traballarase sobre os movementos máis antigos que perviven nas danzas que aínda, hoxe en día, se bailan por toda Galicia (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de donas e galáns, etc.). Case todas proveñen de distintos gremios da época medieval, aínda que tamén traeremos á obra os bailes de divertimento máis antigos, que son as muiñeiras e as ribeiranas.

A danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral), que nos permite cruzar a fronteira pasado-presente con naturalidade e modernidade.

A música corre a cargo dunha orquestra creada para a ocasión con 15 músicos de instrumentos de vento, un quinteto de gaitas, un grupo de pandereteiras e un coro de 40 voces. Haberá tamén percusión, realizada polos propios bailadores, dado que a obra está concibida coma unha especie de musical e axudará á maior comprensión daquilo que o autor quere contar.

A dramaturxia

A dramaturxia é a arte da composición e representación dunha obra especificamente para súa representación sobre o escenario. En “O poder do arcabuz” consistirá en darlle forma á estruturación da historia con elementos específicos do teatro, creando personaxes e conflitos presentados coma se aconteceran “aquí e agora”, introducindo para isto catro protagonistas: o capitán e dous xefes irmandiños e unha nobre.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s