O Poder do Arcabuz

O novo espectáculo de Quique Peón Cía & Xacarandaina que recrea a Revolución Irmandiña

Quique Peón Cía & Xacarandaina

O Poder do Arcabuz é unha produción de Quique Peón Cía e Xacarandaina:

QUIQUE PEÓN CÍA

Quique Peón Cía é a compañía profesional de danza de Quique Peón, o máis destacado bailarín, director e coreógrafo da danza tradicional en Galicia. Creada en outubro de 2009, estreou os espectáculos ‘Ovay’ (coprodución co Centro Coreográfico Galego, 2009/2010), ‘Alendacroa’ (2011) e ‘Amizade’ (2012).

Quique Peón Cía naceu cos obxectivos de promocionar a cultura de Galicia en todas as súas manifestacións artísticas, profesionalizar un sector en concreto que até o momento non tivera esa posibilidade, o da danza tradicional galega, e dignificar a figura do bailarín galego tradicional.

Quique Peón decide crear este proxecto artístico logo de trinta anos de investigación etnográfica en Galicia, no seu empeño por explorar as múltiples posibilidades dos movementos tradicionais na escena moderna.

A primeira aposta da compañía foi o espectáculo ‘Ovay’, unha coprodución co Centro Coreográfico Galego (AGADIC, Xunta de Galicia). ‘Ovay’ é un solo de danza con música en directo e dramatización teatral que amosa as formas de expresión masculina e feminina empregando un amplo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan até chegar aos nosos días. Para isto mesturáronse as frases tradicionais que evolucionan no marco da danza contemporánea, intentando non perder o esencial, o máis íntimo do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade.

A segunda montaxe foi ‘Alendacroa’ (2012), que aunaba a danza tradicional galega coa oriental, a tribal e a contemporánea fundíndose o teatro e a música.

Grazas ao terceiro espectáculo, ‘Amizade’, que era un dos actos de ‘Alendacroa’, Quique Peón Cía consegue dous importantes galardóns en Madrid: o segundo premio do XXI Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco e o premio do Conservatorio Superior María de Ávila.

XACARANDAINA

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, fundado en 1978, ten como misión fundamental a investigación do folclore galego, sendo o máximo expoñente dos ideais de conservación, divulgación e dignificación do folclore de Galicia e querendo situalo no lugar que lle corresponde dentro das artes escénicas. Este obxectivo preténdese acadar mediante a realización de espectáculos con baile e música tradicional, ofrecendo unha coidada escenografía e cunha grande riqueza e diversidade de vestiario de toda a xeografía galega.

Para conseguir o seu obxectivo, o Grupo desprázase polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo traballo de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos.  

Nesta produción con Quique Peón Cía, Xacarandaina achega 27 bailaríns, que foron escollidos a través dunha convocatoria aberta.

Últimos espectáculos realizados por Xacarandaina:

– ‘Alecrín’ (2010)

– ‘Galicien Amerika Line’ (2011, espectáculo que foi visto por máis de 15.000 persoas)

‘Gala do Patrimonio Inmaterial’ (2014)

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s